Xeración perdida


A crise ameaza con deixar unha "xeración perdida"
O paro xuvenil alcanza a cifra histórica de 81 millóns.
Os “expertos” avisan das graves consecuencias para a sociedade

Xeración perdida
(a ritmo de rap)

Afógome nun mar inmobiliario
i espido vou tentando de xantar,
o tempo convertiuse en reaccionario
i os nenos xa non soñan con medrar.

Políticos noxentos que dan medo,
banqueiros que non deixan de roubar,
ladróns de “guante” branco,que se agochan,
nos tempros da “Xustiza” anti-social

Maldita trashumancia pelegrina,
cascallos do ladrillo e formigón,
herdeiros dunha terra clandestina,
pantasmas da perdida Xeración

Manoel Xosé
(Grupo Poético Brétema)

9 comentarios:

Anónimo dijo...

Xosé, nada mais claro e mais precioso, como todos teus traballos. Miña noraboa.Correa

Anónimo dijo...

Terrible panorama o que, con total acerto, denuncias neste romance en hendecasílabos, ao cal non cambiaríalle nin unha letra. Forza e coraxe para sinalar unha triste situación que, témome, pode abarcar máis dunha xeración. O meu parabén.

Un abrazo,
Antonio

FILGUEIRA VALVERDE por Xermán Torres dijo...

Manolo, a sociedade que non lle ofrece un futuro á mocedade e seguridade aos maiores é unha sociedade fracasada, destinada á destrución, como tan ben reflicten os teus acertados versos.

SAÚDE E POESÍA!

Xermán Torres

Anónimo dijo...

Ninguen, ou case ninguen, fai nada pola xuventude, una xuventude que non deixa de ser o noso futuro, cando nos demos conta, xa non hai remedio. Os politicos e outros paxaros polo estilo, tan so pensan neles. Xa sabes Xose Manuel que diso sei un chisquiño.
Saudos Maria Luisa

Anónimo dijo...

Manoel : Real análisis, que aunque sea versificado es duro . "Todo pasa ( dice Machado ) y sigue Todo queda ...Lo nuestro es pasar haciendo caminos ...) Que sean de esperanza y que sea cumplida . Con mi afecto María

Anónimo dijo...

É o signo dos tempos, o herdo que recibimos por culpa duns desaprensivos que non teñen máis que Deus que o diñeiro e o poder.
Bo poema.
Unha aperta.

Cedeira
X. Antonio Suárez de Aneiros

Anónimo dijo...

Amigo Manoel: Gran verdad la que dices en tu poema, pero tiempo al tiempo, el que las haga las pagará, que bién se podia vivir en este valle de lagrimas si el honor perdurase en las gentes, pero desgracidamente no es así, más la conciencia si estos mal nacidos la recuperan algún día, sabran de verdad el valor de cada cosa. y se olvidaran de corrupción y vicio.
Recibe un cordial saludo, Félix Loira

Anónimo dijo...


O MAR ME COMA, COMO CHE SOBRA MÁS DA RAZÓN.
OS POLÍTICOS TIRAN A BRASA PARA A SÚA SARDIÑA
E OS DEMAIS QUE AS COMAN CRUDAS.
O MAR ME COMA, ISTO VAI PERDIDO, PERO AÍNDA FALTA O PEOR...,CANDO AVANCE A FAME POLAS CASAS E OS NENOS E RAPACES XA NON VAN QUERER IR A ESCOLA. PRIMEIRO VAI SER COMER E DESPOPIS O QUE SEXA,,,. POLA MISERIA QUE SE AVECEÑA.

UNHA APERTA MEU AMIGO.
FCO.DE SOTAVENTO CEDEIRA

Anónimo dijo...

Manuel
Buen ritmo y me gusta algunas de las imágenes por su originalidad.
Un abrazo
Daniel

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.