O vaivén da vontade


O vaivén da vontade

A poesía é como un desbroze
que deixa ver futuro petróglifo.

Se non escribo os meus sentimentos
o incendio do esquecemento deixa cinzas na almofada.

Se o que escoitas roza a túa vida
o teu camiño é o teu presentimento.

Os compases do ceo chegan xustos o teu tacto.
Os seus beizos son mais acolledores ca beleza das verbas.

Miles de cousas espalladas, pero estamos o que estamos,
que é dicir o nunca dito como nun número de circo.

Chove e chove,  miles de paraugas, e te cobres cunha gota de auga,
son os outros os que non falan do tempo, non nos, os mediocres.

Fai bo día para facer ioga camiño da carballeira.
Non reprimas a túa risa cantareira.

Dende que me dixeches que todo está relacionado,
véxote nun charco reflectido, no próximo e no distante.

Xermán de C.
(Vigo)






4 comentarios:

Anónimo dijo...

Xermán, tes que seguir escribendo os teus sentimentos e non agochalos no teu peito soamente. Sudos. Correa

Anónimo dijo...

Un bo conxunto de aforismos ou ideas espalladas no teu poema, cheo de imaxes metafóricas. Quédome con esta:

"Se non escribo os meus sentimentos
o incendio do esquecemento deixa cinzas na almofada"

O meu parabén,
Antonio

Anónimo dijo...

Xermán : Tus dos primeros versos definen la poesía, y aunque la lleves en el alma viaja en el aire , cuando le abres la puerta . Deseo que " tengas buen día , que recorras el camino con risa ..." " Que los charcos reflejen tus dulces imágenes y tus versos las comuniquen . Mi afecto María

Anónimo dijo...

Es evidente que todo está relacionado y la mente lo asocia o lo separa. Buena búsqueda filosófica.
Un abrazo
Daniel

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.