A chalana
A miña chalana
de proa graciosa
navega ufana.
Xeitosa chalana
con remos de pino
e cor da prata.
A miña chalana
de todo o peirao
é a máis galana.
Con firmes toletes
nos seus embornais
o rumbo acomete.
Os rexos estrobos
agarran os remos
con cantos de arrolo.
Navega lixeira
a miña chalana,
a nao primeira.
No mar a chalana,
na casa os meus fillos,
e a muller, a alma.
Por ela suspiro,
con ela eu alento,
por ela eu vivo.
Na proa unha flor,
na popa unha estrela,
no folio rubor.
Xosé Antonio Suárez Aneiros
Cedeira
(A Coruña)
5 comentarios:
Como sempre Antón, unha ledicia de composición para esa chalana, esa dorniña probiña pero que a moitos mariñeiros e fillos a fame quitou. Ceneme
Non vexo por que "no folio rubor", cando o teu poema é sinxelo pero directo, cunha mensaxe clara, e moi moi musical. O meu parabén.
Un abrazo,
Antonio
Fermoso poema que fala de vida e nostalxia. Un saludo, Ricardo (Boiro)
Amigo José Antonio.- El poema a la chalana me resulta familiar y ameno, ya que mi familia paterna desciende de gentes del mar, y seguro que una humilde chalana, proporcionaba el pan de cada día para una familia marinera, primero pescar y luego vender, para poder comer.
Recibe un cordial saludo de, Félix Loira.
Gracias, Ceneme, Ricardo, Antonio e Félix por pousar a vista no meu poema.
Unha aperta.
Cedeira
X.A. Suárez de Aneiros
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"