Carabuñas

Carabuñas
(Adicado a un "zoqueiro" moi especial chamado Mariano)

Repenicando moi cedo
oín as suas pegadas
cos zoquiños de oliveiras
de carabuñas vaciadas
de cores as lindas pezas
semellaban alboradas
áinas dos números todos
amárelas azúis encarnadas
máis son para fráxiles pés
só para pés de duendes
e hadas.

M. Xío Blanco

Mós
(Pontevedra)



5 comentarios:

Anónimo dijo...

Estou seguro Xio que o amigo Mariano, apreciará o teu canto/ os zoquiños de moneco/ que con pacencia vai desgranando/ de todas esas semillas/ que pola fraga vai topando. Saludos, Ceneme

Anónimo dijo...

CANTAS VECES PUXEN ZOCAS
CANDO ERA MARIÑEIRO,
E PÚXENAS DE CASTAÑO
E TAMÉN DE VIDUEIRO.
TAMÉN AS PUXEN DE PINO
E DO TRONCO DO SALGUEIRO,
AS DE PINO MUI FAXEIRAS
MELLORES AS DE AMENEIRO.

BENDITOS AQUELES HOMES
NOSOS LEMBRADOS ZOQUEIROS.

BONITO RECORDO,
BONITO POEMA
NA LEMBRANZA,
DESTE POETA.

UN CORDIAL SAÚDO, FRANCISCO DE SOTAVENTO- CEDEIRA

TERESA CARIÑO DAVILA dijo...

Las personas que queremos siempre son recordadas en nuestros poemas ,felicidades

Manoel Xosé dijo...

Grazas Xio pola túa achega ó noso Blog. Un fermoso poema adicado ás vellas e antergas "zocas", elemento tan necesario e importante para nosa terra. Parabéns.

Anónimo dijo...

Estupendo poema adicado a algo ten sinxelo coma uns zocos. Noraboa.

Cedeira
Xosé Antonio Suárez de Aneiros

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.