As anduriñas

As anduriñas

"No volverán a volar aquellas golondrinas,
ni tampoco soy Bécquer para poderlas rimar"

Fóronse e non voltarán aquelas anduriñas,
as que voaban xuntiñas, como dicía o cantar.

Xa non lles queda casa nin balcóns onde aniñar,
da que fora a miña casa, tan só hai un sollar,
o tempo levóuno todo, non deixóu de borrar
as lembranzas dun neno que vivía xunto o mar.

Cando volto a miña aldea, esa que lonxe está,
nin pombas, nin gaivotas, nin anduriñas voarán
por riba dos tellados que cobexaban meu lar,
nin can de palleiro que me ladre para xogar.

Nin galo que me cante, nin galiñas no curral,
nin o cabalo negro, rinchando polas mañás.
Todo fuxe, nada queda do que fora  meu soaz,
ledicias, xogos de nenos, ¡ai!, qué lonxanos van.

Alí onde fun neno, onde daprendín á amar,
un curruncho de Galicia, Cedeira varada está
como a lanchiña mariñeira, se a deixan ficar
mariñeiros da Vila cando non a van bogar.

¡Ai!, quén fora Bécquer. ¡Ai!, quén as poidera rimar,
anduriñas e lembranzas, dun que alí foi rapaz,
que todo fora un sono do que poder espertar
e rimarlle ao vento: "As anduriñas voltarán".

Santiago Glez. Brañas
(Grupo Poético Brétema)




7 comentarios:

Anónimo dijo...

Amigo Santiago, es una pena que aquellos tiempos no vuelvan más. Las cántigas en la taverna, las partidas de naipes por jugar, los días de charla y alegría y las penas olvidar. Muy bonita reflexión, lo vivido no volverá, vamos haciendo camino, camino se hace al andar. Saludos, Ceneme

FRANCISCO DE SOTAVENTO- CEDEIRA dijo...

NON SABES O QUE ME GUSTA ESTE POEMA PORQUE DENTRO DEL ESTAMOS TODOS OS DA VILA DE CEDEIRA E TI SIGUES O CAMIÑO DE TEU PAI, O MELLOR ARTISTA QUE TIVO CEDEIRA A PARTE DE SER MOI BO MÉRDICO. LÉVALO NO SANGUE O VERSO CANTAREIRO PORQUE A MUSICALIDADE NON HAY QUEN CHA QUITE PORQUE A LEVAS ALÓ MOI DENTRO E ESTE POEMA CANTA POR TÓDALAS ESQUINAS.E VEN SE VE QUE TES FACILIDADE CON CALQUERA RIMA E ISO É DE POETAS SEGUN PAÚL VERLAINE. E POLO QUE RECORDAS DA NOSA VILA TODO CANTO DIS É VERDADE. XA NIN PRAIA QUEDA NIN MARAUZÓS PARA FACER COUSIÑAS LINDAS. TODO VAI ACABADO E COMO SABES A CULTURA AOS POLÍTICOS CHEIRALLES MOITO E ONDE NON HAI LUS COMO DICÍAM OS ANTES, SÓ É NOITE PECHADA.

ESCRIBE MEU REI ESCRIBE, SOBRE CEDEIRA PORQUE AÍ TES POLA TÚA PARTE BOA CANTEIRA.

UNHA AGARIMOSA APERTA DO FILLO DA OTRA SEÑORA EMILIA. A VER CANDO VES POR ESTA.

Anónimo dijo...

Meu amigo, deitas querencia e amor por cada un dos teus poros cara a esta terra nosa que chamamos Cedeira.
Noraboa.

Cedeira
X.Antón S. Aneiros

TERESA CARIÑO DAVILA dijo...

TODO NON SE FOI,QUEDOU NO CORAZON DE AQUEL RAPAZ O MAIS IMPORTANTE.
UNHA APERTA.TERESA

Manoel Xosé dijo...

Tempos idos meu Santiago, tempos que xa non volverán. Fermosa isa temática que tocas, que asubías, no poema. Parabéns.

Anónimo dijo...

Santiago, de mi lectura, pobre percibo y valoro que aquel niño, sigue vivo , con otro traje, que creció aprendió a amar y a percibir la belleza y variada vida voladora o que cabalga y que con ella , los cantos de gallos y vuelos de golondrinas grabados en tu alma han dado vida a tu poema que aunque no sea Becquer quien afirme que vuelven las golondrinas tú las has traido al poema. Gracias con mi afecto María

Anónimo dijo...

Las golondrinas volveran, mientras en el terruño las cosas lentamente van cambiando. Sin embargo cada vez que vuelven también nuestros pensamientos vuelven en alas del recuerdo a primaveras felices.
Hay una canción que dice: ¿A dónde te irás volando por esos cielos? Brasita negra que lustras la claridad
afectuosamnete
Daniel

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.