Salaios no vento
Oín cantar ó vento
salaios da miña vida,
sentín pasar ó tempo,
ti non estabas, querida.
Perdido vou polas nubes
de ceos encapotados.
Estou só, se ti non subes.
Estou só e abandonado
Oín cantar ó vento
un pranto na lonxanía.
Hoxe, esperto, entendo,
da miña vida, saías.
Perdido vou polos mares
entre as húmidas brétemas.
Estou só, ti ben o sabes.
Estou só, se ti me deixas
Oín cantar ó vento,
nas altas copas dos "pinos".
Fungaban rumorosos,
falaban do noso sino
Perdido vou polos montes,
xa non vexo o camiño
Non hai follas nas árbores.
Xa non hai agarimos
Oín cantar ó vento
nas ondas da marusía.
Sufrín de soidades
como as sufren os vixias.
Perdido vou nos ventos
que zoan na noite fría.
Só teño sufrimentos
a cotío, día a día
Oín cantar ó vento
un saúdo de benvida.
Coidei que era certo,
quixen dubidar aínda.
Perdido vou polo tempo,
lonxe, moi lonxe de ti
Agora que estou desperto,
choro por ti e por min
Oín cantar ó vento...,
xa non cantaba pra min.
Santiago González Brañas
(Grupo Poético Brétema)
7 comentarios:
Mentras hai vida hai esperanza, meu amigo, so disfrutar do tempo, o tempo ha de ser ben vido.
Ceneme-
BONITO CANTO AO VENTO QUE PASA COMA UN VENTO E ASÍ ´E A NOSA VIDA PERO CANDO SE DEBERA VIVILA DAQUELA NON SE PODÍA MAIS AGORA QUE SE PODE XA NOS PASOU O VENTO POLA PORTA
MWU PISANO HAI QUE IR TIRANDO.
FRANCISCO DE SOTAVENTO CEDEIRA.
Bonito canto, Santi; aínda que non tés bonita voz, ouvido non che falta.
Por iso, como di Ceneme, "disfrutar do tempo" e aquí dicimos "Hai que acorrerse da vida".
Unha aperta, amigo.
Cedeira
X.Antón Suárez Aneiros.
Un poema cargado de sentimentos. O meu parabén Santi.
Un saúdo,
Antonio
Santiago : Hermoso canto, aguda percepción que alcanza al viento y al alma . Siéntela abierta y cantando . María
NON PODO PASAR DESPOIS DE LEER SIN DECIR,
SANTIAGO....MOITAS FELICIDADES.....UN BICO
Querido Santiago:
Escucho el viento que en tu poema es una canción. Y me extravío en la niebla. Y me poso como un palomo en las ramas. Y recojo las lágrimas en el cuenco de los sentimientos.
Hermoso. Daniel.
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"