Caladiños
Que dirán as brancas gaivotas
do areal da Magdalena?
Que dirán?
Porque hoxe os mariñeiros
non van á dura faena.
Que dirán a Robaleira e o Faro
fitando a Chirlateira?
Que dirán?
Porque hoxe os pescadores
abandonan a súa xeira.
Que murmuran as ondas da ría
que tan quedo rompen hoxe?
Que murmuran?
Porque a brisiña do mar
non quenta senon que roxe.
Que lle di o Promontoiro
ó Cabalón e ó Pericoto?
Que lles di?
Porque hoxe un neniño
vaise quedar soíño e orfo.
Un silencio abarrotado
invadiu a vila enteira,
vendo o corpo amortallado
daquel home afogado
nos cantís da Candieira.
Din que os percebes son caros,
que teñen prezo excesivo;
algo así dixo Sorolla
cando pintou aquel cadro
…e eu tamén o suscribo.
Xosé Antonio Suárez Aneiros
Cedeira
(A Coruña)
8 comentarios:
PERSOALIZANDO OS CONS DA NOSA RÍA E DA NOSA
COSTA,E CADA UNHA DELAS VAN DANDO A SÚA
RESPOSTA.
BONITO POEMA MOI MARIÑEIRO,
FELICIDADES MEU AMIGO
FRANCISCO DE SOTAVENTO-CEDEIRA
Si, Antón, si.
E alá no fondo,
onde escacha o mar,
uñas de percebes,
para quen s´atreva,
a riscar a vida,
pa levar pa terra.
os froitos que mercan,
os que teñen perras.
Noravoa. Ceneme
José Antonio: Yo sin conocer los lugares a los que son preguntados en tu bello poema , me sumo a preguntas y suscribo cuanto dice la última estrofa de tu poema. Con afecto María
Amigo Xosé Antonio, la vida de los marineros nunca fue fácil. Trabajan en condiciones a veces infrauhumanos, arriesgando diariamente sus vidas para ganarse el sustento. El mar se cobra en sus vidas el regalo de sus alimentos. Un hermoso poema y un merecido homenaje a quienes entregan al mar sus vidas. Con mi afecto, Ana.
Amigo Xosé Antonio, dar un retrato real do silencio do mar, trasladado en traxedia e dor á túa querida terra, que paga deste xeito a súa débeda coa mar.
Como coñoces a túa terra!Como coñoces a mar!
Un abrazo, manuel carlos
A Manuel Carlos, Ana, María e Ceneme, moitas gracias por ter lido estes versos adicados a dous rapaces que o mar levou hai uns días cobrando o tributo que sempre hai que pagar.
A ti, Xabier, déixote para o final porque es un home que, por ter mamado as amarguras do mar, e as ledicias (por que non dicilo) entendes o problema e as traxedias que se forxan nas vilas mariñeiras. Gracias a todos por ser sensibles ó tema.
Unha aperta a todos.
Cedeira
Xosé Antonio Suárez de Aneiros
Hermosos versos Xosé Antonio, un poema muy especial que te honra y engrandece al dedicarlo a la memoria de quienes mueren en el mar. Con mi afecto, Elisa.
Gracias, Elisa, polo teu comentario.
O mariñeiro que sae tódolos días a procura-lo pan para os seus fillos, coido que é un dos seres máis valentes que hai no mundo, pois é moito o perigo a que se expón.
Unha aperta.
Cedeira
Xosé Antonio Suárez de Aneiros
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"