Divagacións ó pé lume
Casa sen lume,
corpo sen alma.
Fogar con lume
un mar en calma.
Quéntase toda a familia,
quéntase ó amor do lume,
nas noites de rudo inverno,
ollando o fume e o nume.
O lume tornaba o frío
arredor dunha lareira ,
o lume quentaba os corpos
cando viñamos da leira.
Gustábame ve-lo lume,
as chamas que del saían,
como do interior nacían
como se alongaba o fume.
O lume é purificador,
chisca con forza as faíscas
nun contínuo e tolo baile
coma turcas odaliscas.
A chama do lume chamusca
o que non pode queimar,
así fai o envexoso
co que non pode acadar.
Co lume podemos ver,
serve para alumear,
e tamén para inspirar,
e atender e acoller.
Gustábame ve-las caras,
coloradas, relucentes,
e as vergonzosas olladas
de quen estaba o meu rente.
O amor é coma o lume:
ollan o fume os de fóra
e non ven as laparadas
os que na cabana moran
Cantas voltas e máis voltas,
arredor dunha fogueira,
darían os nosos ancestros
nas noites de lúa chea.
Fai falla calor humano
para ter amigos sinceros
Necesitamos do lume
para derrete-lo xelo.
Teño ouvido algunha vez
que o herexe ardía no fogo,
por man do cruel teólogo
borracho de insensatez.
Encéndelle a un home un lume
e terá calor un día,
móstralle como se fai,
non terá frío na vida.
O lume de leña verde
fai máis frío que calor,
mais se acendiche-lo fogo
o seu fume é acusador.
Quen ten o vicio do xogo
ten un cancro na súa alma
como se fose unha lapa
que rematará en drama.
Xovenca que non empreña
e lume que non me quenta
non os desexo na casa,
cáseque son unha renda!.
Olla, nena, as estreliñas,
mais non te esquezas, muller,
de acender o teu fogar,
non te vaias a toller!.
Rapaza tés mala cara;
andas xogando con fogo,
ti non sabes, miña nena,
que é un perigoso xogo?
Onde houbo lume unha vez,
rapaza, arredate del,
pois na túa candidez
non deterás ó corcel.
Porque o que xoga co lume
adoita saír queimado,
- xa o dicían os vellos-
ou dabondo chamuscado.
Casa sen lume,
corpo sen alma.
Fogar con lume
un mar en calma.
Xosé Antonio Suárez Aneiros
Cedeira
(A Coruña)
10 comentarios:
¡Ardelle o eixo carballeira!
Nunca oira tantas virtudes do lume. E iso que só é lume. ¡Manda .... na Habana! Sodes uns inagotables poetas da terra e das costumes
Santi
MEU BENQUERIDO AMIGO: TRASME LEMBRANZAS DE CANDO ERA XA RAPACIÑO E CON ANSIAS A XUNTAR LEÑA PARA O BORRALLO E DESPOIS SALTALO. MOITAS VECES QUEDABA ACENDIDO E OUTRAS PAGADO. RECORDAS QUE CANDO SE APAGABA O LUME CON AUGA, DICÍAMOS ASÍ: APARTÁDEBOS ÁNIMAS DO PURGATORIO E ASÍ PÒUCO APOUCO O LUME ÍASE APAGANDO.
E CANTAS VECES NA LAREIRA TEÑO QUENTADO AS CANELAS E TAMÉN SECAR AROUPA QUE TIÑAS NO PELEXO MOLLADA. MAIS RECORDO IR PEDIR A ALGUNHES VECIÑOS QUE ME DERAN UNHAS BRASAS PARA PODER ACENDER O LUME DA MIÑA LAREIRA POR NON TER MISTOS NIN MOTAS PARA MERCLO. UMHA POBREZA QUE MOITOS PASAMOS, PERO GRACIAS AO LUME E AS ROXAS BRASAS.PERO HAHABÍA UNHA COUSA QUU CARECÍAS DE LEÑA E TIÑAS QUE IR ROUBALA.
TEMPOS QUERIDOS HISTORIA PASADA.
UHA APERTA GRANDE DESTE TEU AMIGO, DESTE CAMARADA.
SOTAVENTO
Me gustó mucho la imagen del fuego y su entorno.
Afectuosamente Daniel
Gracias, Daniel, Santi e Xabier por ter postos os vosos ollos no poema sobre as miñas reflexións ó pé do lume.
Unha forte aperta.
Cedeira
Xosé Antonio Suárez de Aneiros
O redor do lume,
entorno a lareira,
os fillos se xuntan,
o caldo na trepia,
escoitan coitados,
o conto da vella
que fala de meigas
e de espritos malos
Boa reflexión do lume.-Ceneme
Un bo lume na lareira, un bo pote ao lume, á familia e amigos comparten a calor e o pote o redor do lume. A atmosfera vólvese máxica, axudada polo café e filloas á crema e o augardente, coas charlas e os contos de druídas e de meigas. Que bos tempos os das lareiras. Unha apreta, manuel carlos
Gracias Manuel Carlos e Ceneme por ler esas divagacións sobre o lume (poderosa arma de destrución cando un tolo non sabe controlalo).
Unha aperta.
Cedeira
Xosé Antonio Suárez de Aneiros
Tes razón, Antón, o lume é un fiel amigo, pero é un cruel amo. Ceneme
José Antonio : Tu introducción y final de tu rico poema con las comparaciones : casa -alma acertadísimas son las que percibo más , mi limitación de comprensión . Vosotros bilingües tenéis un campo más amplio. Hermosas precisiones y expresiones : fuego,luz, calor, en una dimensión que asoma a otras dimensiones . Gracias con mi afecto María
Gracias, María, polas túas reflexións encol do meu poema "Divagacións ó pé do lume".
Recibe unha forte aperta.
Cedeira
Xosé Antonio Suárez de Aneiros
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"