O Chorar

O Chorar (*)


Chorar é tan natural, como que os ríos leven auga.

Chorar é tan natural, como que respiren as plantas

Chora o neno cando nace,

o seu chorar é un contento;

chora a vaca cando pace,

quizáis do verde sustento.

En todolo que hai neste mundo o chorar ten presencia,

ata por chorar choran os eixes dos carros con violencia.

O crocodilo cando mata

bágoas ten nos ollos,

din que son lágrimas falsas,

como os que choran por todo

E tamén na canción dise: "llorenme piedras del campo"

Dende que nacemos ata que morremos, pasámola vida chorando

Que chorar non é vergoña,

si é que choras de verdade,

porque se choras de "coña",

entón será falsedade

Coma cantidade de maneiras en que nos da por chorar,

as veces choramos un chisquiño, outras ata reventar.

Chora o ceo cando chove

arreo sobre a terra.

Chora a nai cando xoven

o fillo vai pra guerra.

Choramos de pena, choramos de risa,

choramos ausencia, choramos benvidas

Chorar como "magdalenas"

o chorar dos desconsolados,

e de satisfación plena

choran os enamorados

Choramos de sufrimento, de dor ou felicidade,

chorar choramos todos, non importan as idades.

"O que non chora non mama",

dise na Vila de Cangas;

choran homes,choran damas,

por conseguir unha ganga.


¿Entón quén non chora?


Santiago Glez.-Brañas Barreiro

(Grupo Poético Brétema)

(*) Non suxeto a normativo nin a normativa, o chorar é libre)

6 comentarios:

ceneme dijo...

Señor Brañas, su talento sale por todos los poros. Su poema me recuerda la cadencia" Sueña el que a medrar empieza..etc., pero bueno. Ceneme

Anónimo dijo...

Chora amigo Santiago, pero chora de alegría pois podes rir e chorar. Entre o choro e a risa pode estar a felicidade. Un saúdo, manuel carlos

Anónimo dijo...

E ata se pode chorar de risa pola felicidade e, como di a canción arxentina, "que no es delito en el hombre llorar por una mujer" , únome a Manuel Carlos na súa reflexión.
Non me esquezo daquilo, pero agardo que veñas por aquí.

Unha aperta

Cedeira
X. A. Suárez de Aneiros

Anónimo dijo...

"O QUE NON CHORA NON MAMA"
CHORAR É DE PERSOAS SENSIBLES E DE FONDOS SENTIMENTOS.
CHORAR É UN DESAFOGO DA ALMA OU DOS SENTIMENTOS.
HATA CHOROU XESÚS DE GALILEA. UN SAÚDO. SOTAVENTO

Anónimo dijo...

¡ Llorar ! hermano : Creo que interpreto bien " Desde que nacemos hasta que morimos pasamos la vida llorando "... En momentos, precisas luego,acertadamente, se llora y las lágrimas son diferentes ¡Claro ! Buena referencia la de el cielo ,llora, lloran las nubes , lágrimas bienhechoras y la afirmación en el comentario " El que no llora no mama" nos enseña que se deja de mamar porque el deseo se satisface.Que al corazón y a los ojos se asomen en tus versos los sentimientos. Con mi afecto, María

Anónimo dijo...

Santiago
Te faltó el sauce llorón.
Hay lágrimas de dolor y lágrimas de gozo. Nuestros ojos muestran la emoción. Por algo los llaman la ventana del alma. Saludos
Daniel

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.