Setembro

Setembro

 

Ó val de Teixido

van moitos romeiros,

ó san Andresiño,

santo milagreiro.

 

Enriba, na Herbeira,

observo o mar bravo,

os barcos que pasan

de cara ó peirao.

 

Á ara bendita,

subindo ou baixando,

a xente semella

vai alí rezando.

 

A esmola na cesta,

o crego está ledo:

temos para festa,

recemos un credo.

 

Moi preto da igrexa

do santo bendito

atópase a fonte

e o mar infinito.

 

A auga dos canos,

fresca e cristalina

alivia ó sedento

e é adiviña.

 

Zanfoñas e gaitas,

tambores e pitos

aledan o adro,

son parte do rito.

 

Ó pé da fontana,

bailando e cantando,

moitos romeiriños

estaban troulando.

 

Facían tal ruído

e tanto follón

que se me antollaban

un forte trebón.

 

Metido no allo

e canso do día,

debaixo dun

teixo o sono incidía.

 

Xosé Antonio Suárez Aneiros

Cedeira

(A Coruña)

 

 

 




11 comentarios:

Anónimo dijo...

Unha estampa da grande e afamada romaría de San Andrés de Teixido ou de San Andrés de Lonxe. "San Andresiño bendito, ábreme a porta que chove,dentro da túa capela, hai unha rosa que ole. A altitude do monte Herbeira,a Gabeira,o pedregal, o regadío, as fontes, o gando, o verde, os piñeiros, as bouzas requenas,a impresionante altitude da costa,o mar verde e azulado maila flota cedeiresa. Os primitivos amilladoiros, a gran ledura que se ceiba polo medio dos romeiros de todas as partes do mundo. Lugar máxico para os primeiros pobadores destas terras.Os nosos gregos,fenicios e outras tribus de terra que vivian da caza e dos animás que arrastraban con eles. Un máxico San Andrés de Teixido, misteriorizado na moleira de millóns de romeiros.Gaitas, tamboriles e pandeiros. Viños, cantos,amores,ceibes e namorados que se perden na follaxe do ambiente enxebre. "San Andresiño pequeno, está sentado na porta, mirando pros seus romeiros, como lle baixan a costa. Poema de Antón Suárez á gran romaría de San Andrés de Teixido. Unha aperta de Sotavento.

Anónimo dijo...

José Antonio co teu poema transportáchesme aun marabilloso mundo que mateño nos meus recordos de pequeno, a alegría da Xente, as bandas de música, os gaiteiros, os lumes, a familia, os amigos, que tempos aqueles tan felices. Felicidades polo poema, fai sentir as gaitas, tambores e pandeiretas da nosa terra. Un abrazo, manuel carlos

Anónimo dijo...

Día de alegría, de festa rachada, día de lecer, de troula variada que mezcla o noso povo coa devoción sagrada. Bo poema. Ceneme

Anónimo dijo...

Agradecido Xabier, Manuel Carlos e Ceneme polas vosas palabras que adicades ó meu poema "Setembro", mes no que ríos de xentes acoden a esta singular romaría ancestral, á que hai que ir de vivo se non quredes ir de mortos.
Gracias

Cedeira
Xosé Antonio Suárez de Aneiros

Anónimo dijo...

Me gusta el colorido de tu poema
Daniel Uriza

Anónimo dijo...

Gracias, Daniel.
É o reflectar un pouco dunha afamada romaría que se dá na nosa terra. Despois de Santiago de Compostela semella que é a segunda máis concurrida, polos sincretismos que se producen nela e porque aínda se realizan ritos e hai crenzas precristiás evidentes.

Cedeira
Xosé Antonio Suárez de Aneiros

Anónimo dijo...

José Antonio: Con tu poema que desarrolla el programa y propósito de los "romeros " he ido a S. Andrés . ¡ Qué bella romería para disfrutar del paisaje exterior, y si el "interior " se abre al final a la contemplación del mar, siempre sugerente y abierto a la integración total con lo misterioso, grandioso, profundo... después del " viaje "¡ Magnífico
Mi viaje no me ha dado la " iluminación "pero me he aceercado al propósito de la romería bellamente poemada Gracias con mi cariño María

Anónimo dijo...

San Andrés coa súa barca
fondeada aló no mar
pesca as almas dos romeiros
que o veñen visitar.

Nesta sinxela copla recollida no meu libro REFRANEIRO MUSICAL DE SAN ANDRÉS DE TEIXIDO, case se podería resumi-lo misterio da romaría:
a) a barca de pedra (Illa Gabeira, lenda lítica).
b) O tránsito ou camiño,peregrinar. (San Andrés fai de Psicopompo).
c)Recollida das almas para pasalas ó Alén.

Gracias polas túas palabras tan eloxiosas.
Un abrazo.

Cedeira
Xosé Antonio Suárez de Aneiros

Anónimo dijo...

Esquecéuseme dicir o destinatario da misiva anterior: María.

Perdón polo erro.

Cedeira
Xosé Antonio Suárez de Aneiros

Anónimo dijo...

¡Antón!: ¡Chegoume!
Nada mais que decir, nada mais que engadir.
¿Qué escribiría Usero, que non dixeras ti?
Santi-Brañas

Anónimo dijo...

O pobo de Ceedeira ten contraída co noso común amigo Rafael Usero unha gran débeda, Santi, coma con moitos outros que xa se foron e algúns que aínda están con nós, non si?

Como vai iso?, supoño que cada día mellor; de tódolos xeitos calquera intervención cirúrxica ten un certo tempo para restablecer a normalidade, así que tómao con calma que agora ven o bo tempo e dá renda solta a túa alma de poeta.
Unha aperta

X. Antón Suárez

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.