Santiago

Santiago

Nacín e vivín diante duhna fonte

a que está adicada en Santiago

a Cervantes, o Manco de Lepanto,

na praza de san Benito do Monte.

Desta Cidade herdei o seu nome,

ao seu Santo fún encomendado.

Da Cidade e Santo foime dado

querencia a campos, pedras, estrelas,

que Santiago tamén é Compostela

ou Campuspetrea po-lo sollado.

A pedra en Santiago é unha arte

nos muros, sollados ou monumentos,

a pedra é en Santiago sustento,

está viva en él por todas partes.

A pedra a súa clase reparte

por currunchos, corredoiras e rúas.

Nas noites ven a reflectirse a lúa,

atopa na pedra o seu espello

onde poder pregar o seu desexo,

trocar Compostela por Campuslúa.

Santiago González Brañas

(Grupo Poético Brétema)

5 comentarios:

Anónimo dijo...

De ben nacidos é ser agradecidos. Naciches en Santiago, cidade do apóstolo. Criácheste en Cedeira, baixo o manto da Virxe Mariñeira e, desenvolviches a túa vida na bela Cidade Olívica, .
Unha aperta.

Cedeira
X.Antón Suárez

Anónimo dijo...

Amigo Santiago, las piedras de Santiago están tan solidamente puestas que no hacen falta guerras que las rompas, ni santos que las protejan. Eres un bo picholeiro.Espero que estés pronto con nos, xa recuperado de esa doencia. Saludos, Ceneme

Anónimo dijo...

Santiago é pedra
pedra chea de arte
pedra que é pedra
pedra que sangra as mans
pedra da miña terra
pedra que garda o Santo
que veu a Compostela
campo das mil estrelas
que polas noites aluman
as pedras de Compostela. manuel carlos

Anónimo dijo...

Meu caro Santi, ti e mais eu teríamos que ir a visitar a PETRA, alí viríamos marabillas labradas en pedra. Alí non hai area, só existe a pedra.

En Santiago é xa diferente. Viven os muros de pedra movida das canteiras que ven sendo outra marabilla universal.

O teu Santo é Xacobo e ese Xacobo apóstolo de Xesús,

Xa nos diras como vas desa intervención que non sabemos de que foi. Mellórate e despois ves pasar unha tempada a Cedeira. Unha aperta
de Sotavento, veciño da vosa tan querida Señora Emilia, dos Catro Camiños, Cedeira.

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.