Suspiros de amor

Suspiros de amor

 

Amiga, miña amiguiña,

que daría eu por un bico

dende a porta na que fico

nesta mañanciña fría?

 

Salaio de amor,

xemido sentido;

por ti, miña prenda,

estou moi ferido.

 

Do teu alento preciso,

da túa gorxa un suspiro,

do teu ollar unha ollada,

do teu amor, por el vivo.

 

Salaio de amor,

xemido sentido;

por ti, miña rula,

estou moi dorido.

 

Ai, doce pomba da alba,

a de mirar cristalino,

por qué non vés ó encontro?,

non vés que xa desatino!

 

Salaio de amor,

xemido sentido;

por ti, meu tesouro,

eu estou rendido.

 

José Antonio Suárez Aneiros

 

Cedeira

(A Coruña)

 

 

 

 

 




8 comentarios:

Anónimo dijo...

Victor Hugo foi o primeiro poeta que escribeu nun curto poema o gran laio por darlle un bico a unha linda rapariga onde lle ofrecía todos os reinos do mundo, todas as flotas do mar ata lle daba os ceos, os mundos e moito máis. Anos máis terde, era Gustavo Adolfo Bécquer, quen laiaba por outro bico doutra linda rapariga.Un bico de amor desbordante e con pasión enamorada, fai un destello de gloria coma un raio de sol.

Os poemas de amor todos son preciosos- Unha aperta de Sotavento

Anónimo dijo...

Un beso del alma
un beso sentido
un beso de amor
un beso querido
un beso de madre
un beso de hijo
un beso refleja
tu cariño y el mio.

Leyendo tu bello poema,una historia de un gran amor,por la que vale la pena vivir, perdona se me ocurrió escribir. Felicidades, manuel carloos

Anónimo dijo...

Entiendo Manuel Carlos, que no debemos frenar nuestra mente ni nuestros sentimientos cuando afloran al leer un lindo poema, ya que:
hubo momentos de besos y locura,
besos que para ella frueron tan sabios,
besos que yo entregué con ternura,
inventados por mi para sus labios. Enhorabuena. Ceneme

Anónimo dijo...

Non entendo a túa resposta, Ceneme.


Cedeira
Xosé Antonio Suárez de Aneiros

Anónimo dijo...

Antón, gracias por contestar. Pero por un error de informática, no era esa la que tenía pensado poner en el blog. Sno una titulada "O Sol da miña terra (Cedeira)
Queda para otra ocasión.
Hoy regresé del Hospital, donde me realizaron una pequeña intervención. Esperemos que todo vaya bien.
Un abrazo. Santi Brañas

Anónimo dijo...

Non sabía nada de iso, así que agardo que te restablezas axiña e ánimo.
Unha aperta de un cedeirés para outro.

X.A.Suárez Aneiros

Anónimo dijo...

Querido José
Hermosa canción, dulces gemidos poéticos.
Un abrazo Daniel Uriza

Anónimo dijo...

Un suspiro, un lamento, tamén é un intre de tempo (A brevidade do mesmo).

Gracias, amigo Daniel.

Cedeira
Xosé Antonio Suárez de Aneiros

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.