A árbore onde cantabas
de anguria está murchando
Laverquiña
Laverquiña a onde fuches?
Por que liscaches voando?
O teu niño está baleiro,
xa non escoito o teu canto.
Amáiame o teu recordo,
estame a min magoando;
a árbore onde cantabas
de anguria está murchando.
Xa non oigo o zoar do vento
nas follas que te abrigaban,
laverquiña rabilonga,
onde vas miña calandra?
Volta ó fogar, volve ó niño,
cruza fragas e searas,
que eu estaréi agardando
ó pé da árbore que amaras.
José Antonio Suárez Aneiros
Cedeira
(A Coruña)
10 comentarios:
A Laverca, a Paxarela, a Lavandeira.
Paxariña astuta e moi espavilada. A maioría destes paxariños fan o niño
nas embarcacións abandonadas e nos muros e furados das árbores como tamen nos tellados abandonados. Este poema de Antón está ben logrado. Ë moi laimoso,deita tenrura e coa súa métrica reglamentaria. Voa o poeta cos sentimentos que se lle teñen aos paxariños cunha pouca de lírica bucólica que é a gracia do poema.
Felicidades meu amigo. <<e despois non querías facer poemas... Ai pícaro, eu xa o sabía. <unha agarimosa aperta de Sotavento
Bonito poema, Antón, lleno de sensibilidad y admiración a una de las aves de tu entorno. Felicidades. Ceneme
Gracias polos vosos comentarios, Sotavento e Ceneme, encol do poema da Laverquiña.
Se ó poeta lle falta a sensibilidade (anque teña moitos coñecementos de lingüística) xa pode escribir coma os anxos que nunca as súas composicións terán a tenrura que envolve un poema ben logrado.
Cedeira
X.A. Suárez de Aneiros
José Antonio:
Una hermosa forma poética de expresar la nostalgia.
Afectuosamente
Daniel Uriza
Ás veces a nostalxia, a morriña, ese sentimento polo perdido ou ausente é o que leva ó poeta a expresar os seus máis fondos sentimentos.
Gracias, Daniel.
Cedeira
José Antonio Suárez de Aneiros
Recordamos a los comentaristas que todo comentario debe de ir firmado. Todo comentario sin FIRMA o IDENTIFICACIÓN será automáticamente eliminado.
Equipo Administración.
Apreciado José Antonio, tu poema "Laverquiña" tiene alma y tiene esencia, recuerda aquellos poemas pastoriles y lleva consigo fragancias con olor a romancero.
Tu “Laverquiña”, la Calandria, tiene aires a danza (la calandria es también una danza argentina de pareja) y a galanteo y a elegancia. Hace tiempo que la calandria dejó de anidar en nuestras tierras y por ello, poco a poco, nos fuimos olvidando de su nombre y de su belleza. Hoy nos traes de nuevo el recuerdo, la añoranza, la morriña,la nostalgia… con tu grato poema.
Comienzas con el sentir, con la ausencia:
“Laverquiña a onde fuches?
Por qué liscaches voando?...”
Para luego reforzar en la segunda estrofa:
“Amáiame o teu recordó,
estame a min magoando…”
Enhorabuena por tan buen hacer y por esa gran sensibilidad de la que aquí haces gala.
Un beso. Pilar
Moitas gracias, Pilar, por louvar o meu poema. Sabes que se o poeta carece de sensibilidade o máis probable é que o que manifeste sexa pouco creible.
Cedeira
Xosé Antonio Suárez de Aneiros
Tu poema me hace sentir a través de la "Laverquiña" esos sentimientos tan enraizados en el pueblo gallego y que tú vas desgranando dulcemente a través de tus versos, gracias, un abrazo, manuel carlos
Gracias a ti, amigo Manuel que vives nas maravillossas Illas Afortunadas.
Unha aperta desde Cedeira.
Xosé Antonio Suárrez de Aneiros
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"