Declaración de intencións


Declaración de intencións

Camiño de San Andrés

van os dous enamorados,

quérenlle pedir ó santo

un neniño para o ano.

Toman folgos nunha fonte

e á sombra de un loureiro,

dicíalle el a ela

ladeando o seu sombreiro:

- Canto te quero, rapaza,

ti es para mín o aire,

ti es para min o sol

que me aluma con donaire.

Ela cega polo amor,

deixouse levar por el,

mentras as rulas cantaban

probaron o hidromel.

Canta festa e contento,

canto canto enamorado,

canta gaita e tambor

aló embaixo, no prado!

De volta, no amilladoiro,

botaron de grado un canto,

coa intención de voltar

para dar grazas ó santo.

Xa o dito o di ben claro:

A San Andrés de Teixido

van dous face-lo camiño

e voltan tres ben cumpridos.

José Antonio Suárez Aneiros

Cedeira

(A Coruña)

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Cando non voltan catro, meu amigo Aneiros, xa que a San Andrés de Teixido, si non vas de morto, has de ir de vivo.Bo traballo po lo camiño. Ceneme

Fco. de Sotavento (Cedeira) dijo...

A HERBA DE NAMORARE
NACE AO REDOR DE TEIXIDO,
POIS SE LLE PIDES AO SANTO
QUE QUERES PÀRIR UN FILLO,
NON TERÁS MAIS QUE DEIXARTE
QUE TE ESFOLEN NO CAMIÑO.

Anónimo dijo...

¡Ai, Deus, cantos recordos!.
Graciñas por devolvermos.

Santi Brañas

Anónimo dijo...

De nada, meu amigo Santi. Cada vez véseche menos o pelo (xa de novo tiñas ese problema); bromas á parte, prodígaste pouco.
...........
Gracias, Ceneme; de vivo primeiro, e logo xa será o que sexa.
..........

Gracias, Xabier; mais que te esfolen será demasiado.

Anónimo dijo...

José Antonio segues enseñándonos, que todos os camiños non van a Roma e que hai outros máis pracenteiros e milagrosos, de amores máis bucolicos ao son de pandereitas e gaitas, Quen puidese!manuel carlos

Anónimo dijo...

Graciñas, Manuel Carlos, polas túas palabras verbo do meu poema. Así é, tan real coma a vida mesma.
Unha aperta.

Cedeira
Xosé Antonio Suárez de Aneiros

Anónimo dijo...

Amigo José:
Tu poema me trae un aire de Lorca.
Por el ritmo y por como cuenta la historia.
Un abrazo
Daniel Uriza.

Anónimo dijo...

Moi agradecido, Daniel, polas túas palabras tan eloxiosas.

Cedeira
Xosé Antonio Suárez de Aneiros

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.