Romance do Casado Infidel
Veu de fora pró lugar,
de servidor do morgado,
e os picariños da escola,
chamámoslle "o criado".
Cando aquéla rematou,
máis ou menos aplicado,
nó servicio por Marina
xa quedou matriculado.
Alí na armada sirvéu,
de cando en cando embarcado,
de azul vestindo no inverno
e nos estíos de branco.
Pasaron case dous anos
para quedar licenciado
e voltóu ó noso pobo
co seu dilema enfrontado:
ou pescador de baixura
nunha motora enrolado,
ou na mariña mercante,
nun paquebote embarcado.
Como optóu polo segundo,
os sete mares surcando,
desembarcóuse en Chile
e alí quedou eisiliado.
Deixou acó, muller, fillos,
e aló ficou namorado
dunha estudante chilena
vivindo sempre ó seu lado.
A de acó non tiña letras,
a de Chile un licenciado,
e, gracias á nova amiga,
os cartos ía xirando.
Isto me dixo un amigo,
nese porto recalado,
que os coñecera ós dous
e dela quedou prendado.
Malfadada emigrazón,
ó que a inventóu, mal fado,
pois foi causante mil veces
distes e peores casos.
De moitas viuvas de vivos,
de nenos sen pai criados,
de sufrimentos e dor
que saben os que os pasaron.
Manolo de Rinlo
(Grupo Poético Brétema)
3 comentarios:
Manolo, preciosa historia y dolorosa que si no es real, bien pudiera serlo. Muy verdadero romance libre, Felicidades, Ceneme
Unha das moitas traxedias ocorridas por mor da emigración á que se viu sometida a pobación galega.
Moi ben, Manolo.
Cedeira
José Antonio Suárez de Aneiros
Xa se ve que os naceron e viviron preto do mar, teñen historias pra todolos gustos.
E os de Rinlo, son coma peixes universales, que conocen todoslos los mares e todolos "males"
Santi Brañas
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"