Panxoliña de Brétema
¡Poetas de Galicia, acudir!
Pola Brétema chegar,
que xa naceu o Neno
e escomenza-lo Nadal.
A esperanza e a gloria,
a felicidá e o pracer:
xúntanse coa historia
no Portal de Belén.
Vimos todos engaiolados,
entonando cantos de amor;
para alegra-la nosa alma
co nacemento do Señor.
Os poetas moi contentos
celebramo-lo Nadal,
cos poemas que facemos
para o Rei Celestial.
A Virxen xa parida,
ofrécenos o agarimo;
e coa protección divina
guía-lo noso destino.
¡Vinde pola Brétema poetas
a facer unha gran festa,
que Deus cara nós chega,
e o Nadal escomenza.
Anselmo Prada León
(Grupo Poético Brétema)
1 comentario:
Anselmo, querido. No alcanzo a percibir toda la fuerza expresiva de tu invitación que agradezco y deseo que sea escuchada , muy participada y que todos sintamos la PAZ Y EL AMOR que estas fechas hacen aflorar siempre vivos. Gracias. Mi cariño María
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"