"Meu Canto a Galicia"
Teño un cantar nos beizos
que me ten engaiolado.
Sinto amores por dentro
cando che digo cantando
Amores na miña infancia,
amores tiven xogando.
Amores na xuventude,
amores de namorado.
Amores teño de vello,
amores non xubilados.
Por ti rapaza eu sinto
amores dos teus encantos.
sinto un cantar no peito
de amores tan axeitados.
Por ti Galicia eu teño
amores que vou cantando
Amores na miña gorxa
amores que vou berrando.
Amores hai nos meus ollos,
amores de estar chorando.
Amores que non se esgotan,
amores que van medrando.
Por ti Galicia eu sinto
amores dos teus recantos
levo un cantar inmerso
de amores enraizados.
por ti Galicia eu lembro
amores que vou lembrando
Amores dos meus ancestros
amores dos meus pasados
Amores novos e vellos,
amores sempre ao meu lado.
Amores da túa xente,
amores foronme dados.
por ti Galicia eu sinto
amores, amores tantos
Teño un cantar no corpo
que me ten enguedellado.
Por ti Galicia eu sinto
amores por sempre amando
Amores da miña terra,
amores dos mares bravos.
Amores dos fortes ventos,
amores vanme mollando.
Amores sinto, por certo,
amores ben apañados
Por ti Galicia eu sinto
Por ti Galicia meu canto.
Santiago González Brañas
(Grupo Poético Brétema)
7 comentarios:
Querido Santiago: No sé gallego. Leo tu canto con la "melodía " continuada en él y deseo que el amor multiplicado y transportado por el mar, el viento, la luz solar, enraizado en la tierra y en el corazón de cada ser humano nos transforme. Sigue cantando y que tu voz, traspase las fronteras de Galicia que aplaudirá este canto tuyo.Con el amor mío María
A Alma de cedeirés coa querencia pola terra sublímase neses versos.
Unha aperta
J.Antón Suárez Aneiros.
Estimados amigos y amigas de Brétema, me alegro mucho de conoceros y saber que disfrutáis por Vigo de la poesía. Os he incluido en la lista de asociaciones literarias que mantengo de forma permanente en el Blog Asamblea de palabras.
Un abrazo.
Santiago, levas no sangre un cantar,
e tuas verbas sirven para te levar alén dos mares de Cedeira, onde escachan as ondas contra os penedos e onde brotan as tuas obras que nos deixan abraillados. Ceneme
Bello canta a Galicia en este poema. Fue un placer leerte. Saludos. Cuidate.
Oiga!...esto es sencillaménte bello!
enhorabuena galaicos....
Eu tamen teño no peito un sentimento moi fermoso por un compañeiro,que para min e mestre ,un biquiño de Teresa,
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"