Non hai nada sen amor
Non hai nada sen amor:
A intelixencia sen amor,
faille á persoa traición.
A xusticia sen amor,
non ten ningún valor.
A política sen amor,
é unha maldición.
O éxito sen amor
é unha perdición.
O rico sen amor
avarento sen condición.
O coitado sen amor,
será sempre un servidor.
O sabio sen amor,
Se non soubera era mellor.
O probe sen amor
é un escravo perdedor.
A beleza sen amor,
canto máis se pinte é peor.
O traballador sen amor,
será escravo do seu suor.
O sexo sen amor,
nin goza nin dá calor.
A fe sen amor,
Ofende máis ó Creador.
A Cruz sen amor,
crucifica ata o perdón…
A vida sen amor
é unha condenación,
xa que no existe nada
onde non está o amor.
Anselmo Prada León
(Grupo Poético Brétema)
4 comentarios:
Anselmo, como tu bien dices y yo resumo, "el amor es el milagro más grande del mundo". Las obras hechas con amor vuelven al que las realiza y su sabor es gratificante. Ceneme
Laara SOii aDaa Muii Booniita Sii Sii,, See ve Qe tuu ValeeS :)
Buueno Siigue aSii & Noo lo deJeeS Qee tiieneS taLento !
teQiiero 1 beSiiÑoo
,
La verdad que no hay nada sin amor...
El amor es el lubrificante más sólido. Solo consiste en usarlo con ternura, respeto y en la dosis apropiada a cada paciente.
UN abraciño,
Rosa María
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"