NANA PARA MARIO

NANA PARA MARIO

 

meu neniño pequeniño,

meu caravel encarnado,

meu anxeliño do seu,

meu amor de todo o ano,

a… a… a… a…

 

durme miña xoia, durme,

que teu pai vai no muíño,

coa fariña que me traia,

eiche facer un boliño,

a… a… a… a…

 

mitade do meu corazón,

púseno dentro de ti,

durme miña prenda, durme,

que eu tamén quero durmir,

a… a… a… a…

 

Meu amor churrasqueiriño,

miña cara de manteiga,

meu trevo de cinco follas,

soliño da miña eira,

a… a… a… a…

 

Fina Álvarez

(Grupo Poético Brétema)

 

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Como siempre Fina, que arrullos tan bonitos, que tierna esta dulce nana. Seguro que duerme ese niño y despertará mañana- Ceneme

Anónimo dijo...

Y el niño duerme feliz, así será su mañana . Otros duermen sin arrullos, sin oír jamás una nana. A otros Dios la cantará y dormirá lentamente. La útima nana será pues dormirá eternamente.
Un beso
Marlene

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.