De Belén a Compostela os anxiños veñen e van
Camiñaban San Xosé
e a Nosa Señora
cara a Belén,
ela levaba no seu ventre
o tesouro da nosa salvación.
Saben o que é facer camiño,
saben dos traballos
e das dores.
María esperaba,
gardaba as experiencias no corazón.
A estrela xa pousou,
a ledicia do mundo
vén de nacer
neste recuncho pobre,
pero quente de amor.
A santa Familia
sabe de camiños,
o exilio a Exipto,
o camiño da santidade,
duras experiencias, vieiros de eternidade.
Xesús, María e Xosé
Acompáñannos no noso peregrinar,
eles son os nosos mellores guías
nesta noite de Natal
e no ventureiro 2010 que nos agarda.
Que a Familia e a estrela de Belén
sexan as nosas lumieiras
no vindeiro Ano Santo en Compostela,
ano mesiánico de bendición;
porque Xesús, o Fillo de David, é o noso Salvador.
Xermán Torres
(Vilagarcía de Arousa)
Blog de Xermán:
http://filgueiravalverde.blogspot.com/
6 comentarios:
Querido German :Que tus santos deseos hechos poema se realicen y la Sagrada Familia nos conduzca y nuestros ojos del alma se abran a la luz de la estrella de los Magos, a la de Compostela en el Año Santo que está llamando y hagamos santos todos los días hasta que nuestro tiempo se cumpla. Gracias María
Germán, que a familia e o amor a toda a humanidade sexan as lumieiras que nos leven po lo bo camiño. Ceneme
Xermán, Xesús non é fillo de David como anuncias no poema. Hai que ir amodiño con estas cousas. Aínda que fose metido como metáfora, o fillo de Deus non debe pasar por iso e menos nun poema que diga que Xesús é fillo de David. Xesús é fillo de Deus. O Rei David tiña un fillo que se chamaba Salomón. Xesús pertenece ao linaxe de David, pero nade ten que ver coa súa divinidade celestial. David foi un pecador como son eu e como é todo o ser vivinte. Arrepinteuse do que fixo, escribeu case todos os salmos logo máis tarde foi moi querido por Deus.
"porque Xesús o Fillo de David é o noso Salvador"
Benqueridos María, Ceneme e Malco:
Grazas polos vosos comentarios, desexo que a Luz que irradia dende Belén os protexa e vos guíe.
Malco, dentro dos apelativos bíblicos de Xesús de Nazaret, está o de Fillo de David por ter sido fillo adoptivo de Xosé, que descendía da liñaxe do rei David. Por eso Xosé, estando preñada María ten que acudir a empadronarse en Belén, seguindo a orde imperial de Cesar Augusto. Por eso se atribúe o nacemento do Mesías na cidade de Belén, como estaba profetizado. Lé no evanxeo de Mateo a xenealoxía de Xesús, segundo este evanxelista.
Con agarimo, Bo Natal e venturoso Aninovo 2010.
Xermán
Dende Brétema Desexarte unhas felices Festas de Nadal e un próspero aninovo 2010 para ti e os teus. Unha aperta e un cordial saúdo desta outra familia que aquí tes.
Grupo Brétema.
Moi queridos amigos de Brétema:
Moitas grazas pola vosa felicitación. Sabedes que o afecto que nos temos, é mutuo; que sigo con interese o voso magnífico blog, que compartimos xuntos o amor pola poesía. Que as musas nos sigan inspirando no ano 2010. Que a forza e a luz do Natal nos protexan e guien durante todo o próximo venturoso Aninovo.
Agarimosamente,
Xermán
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"