Francisca

Francisca

 

Hoxe falarei de Francisca

dunha muller faladeira

que ten moitos moitos anos

e vai chea  de farrapos..

 

Ó seu carón leva un can

que é branco e amarelo

ten as vetas da  murria

que se fixeron co tempo

 

Repite cando está soa

cun marmurio moi quedo:

soiña voume murchando

quédame  pouquiño  alento!

 

Francisca está velliña

ten o corpiño  menguado

roída  moi roída a saiña

e o cabelo enfurruxado

 

Sentouse cansa na herba

mollada polo frío orballo

quere descansar o lombo

ó carón do seu carballo.

 

Xa nunca se despertou

os seus olliños pecharon

levouna noso Señor..

so os páxaros  choraron

 

Enterraron a francisca

oubeando por ela o can

e cando se foi o crego

ninguén foina chorar

 

Teresa Cariño

 

1 comentario:

Anónimo dijo...

Teresa, son los desheredados de la tierra, las sombras que pasan a nuestro lado, los pobres que se nutren de los contenedores de basura, de lo que tiramos y ellos no tienen. En mi barrio también hay una Francisca, que cualquier día aparecerá muerta en cualquier esquina y nadie la llorará ni echará de menos. Ceneme

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.