“O PATRÓN”

"O PATRÓN"

 

AI VEÑEN OS DA PROCESIÓN

PORTANDO TÓDOLOS SANTOS,

¡MI MADRIÑA QUÉ EMOCIÓN!

E A VIRXEN CO SEU MANTO

 

AS CAMPÁS QUE BEN CHE SOAN

NO ALTO DO CAMPANARIO,

OS NENOS QUE BEN AS TOCAN,

REPICAN, REPENICANDO

 

E CÓMO ESTOUPAN AS BOMBAS,

FOGUETES, MOITOS  ESTRALOS,

OS CEOS CHEOS DA POMPA

E DE FUME ENGALANADOS

 

HOXE,  O DÍA DO PATRÓN,

HABERÁ FESTA RACHADA,

NON  FALTARÁ O GRAN  ROSCÓN

E BAILE ATA MADRUGADA.

 

A MISA DE DOCE CURAS

VAN DE BRANCO INMACULADO

TODA RAPAZA PROCURA,

NESTE DÍA ESTREAR ALGO.

 

OS HOMES  TRAXE DE PANO,

QUE NON FALTE A GRAVATA,

ENFEITADOS,  PEITEADOS

E UNHA FLOR NA SOLAPA.

 

OS NENOS BEN LAVADIÑOS

TODO O CORPO E ORELLAS,

AS NENAS COS SEUS RICIÑOS

QUE AOS ANXOS ASEMELLAN.

 

OS MOZOS AGARDAN O BAILE

PARA ESCOLLER  A PARELLA,

AS MOZAS AGARDAN EN BALDE

AO PRINCIPE DAS ESTRELAS.

 

MAIS TODOS  SERÁN FELICES

NESTE DÍA DO PATRÓN,

E  NON PAPAN AS  PERDICES

PORQUE  BARATAS NON SON.

 

Santiago González Brañas

 

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Estupendo Santiago, no sólo en la confección, sino también en los que dices, porque mentiras no son. Ceneme

TERESA CARIÑO dijo...

Muy bueno,muy bueno,felicidades.Teresa

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.