NO MUNDO FELIZ DE HUXLEY

NO MUNDO FELIZ DE HUXLEY

 

Non tiñan necesidade de amor nin de Deus.

Ían felices e plácidos de corpo

sen necesidade de creer nin de pensar.

Ían sen fundamentos nin principios,

sen pureza e sen inpureza.

Non sabían o que era a dor

nin psíquica nin física.

Reproducíanse por clonación

e o sexo só era bo para o pracer corporal.

Soamente eran homínidos sen ambaxes,

sen consciencia,

sen alienación,

sen sentimentos de trampas

e de guerras

e de fame

e de nenos mortos;

soamente eran homes que se dicían racionais.

 

Serxio López-Corona Martínez

 

2 comentarios:

Pablo dijo...

Os mundos felices non existen. A codicia encargase de facer que así sexa. Todo o demais e utopía e hipocresía. Chegaremos a ser soio máquinas, sendo máquinas deixaremos de ser seres racionais, perderemos a esencia da nosa propia razón de ser.

Anónimo dijo...

creo na bestia e no home, no ben e no mal, na virtude e no vicio, na salvación e na perdición. Ese mundo de Huxley e un mundo de máquinas sin espritu humán. ceneme

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.