Cantiga…, Poesía…? Qui lo sa…

Cantiga…, Poesía…? Qui lo sa…

 

Hai un merlo sempre asubiando

na carballeira,

e o seu chirlo chama ás pombiñas

para xogar.

 

Se o atopo conte con que ei

de ir escoitálo

e o agasaio da súa tonada

daráme a paz.

 

Corren os ventos, traen para acó

mil asubíos do merlo canoro

e o doce páxaro, no asubiar,

mil melodías de amor cantará.

 

Hai un merlo sempre asubiando

veira do río, e o seu chío chama ás ruliñas

pra namorar

 

Se o atopo conte que ei de ir espreitálo;

e mirálo asubiando: gozala paz.

 

Corren os ventos, traen pra acó

seus asubíos de músico alado;

e o seu peteiro, co seu trinar,

daráme azos para namorar.

 

Manolo de Rinlo

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola compañeiro,"o seu chio chama ás ruliñas pra namorar" selección para este dia DOS NAMORADOS,unha forte apreta

Anónimo dijo...

MANOLO quero decir unha aperta

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.