Mi madre...

 

Mi madre, esas camelias

non as podo coller.

 

Neste mundo complicado

camelias brancas de tenrura e sinxeleza

non pode ser; todo está contaminado,

destrúese tanta beleza!

 

Mi madre, esas camelias

non as podo coller.

 

Neste ambiente deteriorado

Camelias vermellas de amor e pureza

non se pode estar namorado,

non se respecta a natureza!

 

Mi madre, esas camelias

non as podo coller.

 

Neste reino despiadado

camelias xaspeadas de amizade e nobreza;

corazón dun mellor mundo soñado

de cousas simples, de respecto á pobreza.

 

Mi madre, esas camelias

non as podo coller.

 

Xermán Torres: Hidromel, 2007    

 

1 comentario:

Teresa dijo...

Es dificil encontrar esas camelias.Escasean tanto en esta sociedad nuestra. Pero haberlas, haylas, prueba de ello es este poema.

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.