PARA TÍ MULLER

PARA TÍ MULLER

 

Non podería chamarme poeta

senon adicara unha poesía

ás miñas irmás, compañeiras de fatigas

neste longo camiñar que é a vida

 

Para tí muller, que sofres en silencio

os golpes daquel que xurou amarte

que calas porque tés moito medo

desa furia e rabia sen remate

 

Unha poesía que sexa un himno de esperanza

para esas nais-coraxe que loitan sen tregua

por salvar ós seus fillos atrapados

nos brazos infernais da maldita droga

 

Lembremos tamén a tódalas artistas

poetas, escritoras e pintoras

que ocultas tras viles usurpadores

nunca poideron asinar as súas obras

 

Unha poesía que serva de agradecemento

a aquelas que arriscando as súas vidas

loitaron por conseguir os nosos dereitos

e que as nosas voces fosen ouvidas

 

Mulleres de culturas sen igualdade

esclavas ignoradas pola xustiza

mulleres que adican as súas vidas

a levar adiante as súas familias

polas que traballan dentro e fóra do fogar

porque muller significa loita e vida

para todas elas, vai a miña poesía.

 

Carmen Darriba

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.