TI E EU, E NÓS E VÓS

TI E EU, E NÓS E VÓS

 

Somos nós, nós os poetas,

noitedumes, mañás claras,

somos choivas, somos soles,

ceus azuis, nubes raudas.

 

Voamos cal bolboretas

polas flores abraiadas

e deixamos nos espiños,

nosas almas mergulladas.

 

Pétannos no corazón

sentires que nos reclaman,

que nos afogan por dentro,

inquedanzas que nos chaman.

 

Ti e eu nesa procura,

compañeira nas andanzas,

ti e eu, e eu e ti,

sempre ó carón da palabra.

 

Sempre fiando cas verbas,

as nosas mellores armas,

espallando en cada prego,

unha ledicia... unha mágoa.

 

Ti e eu, e nós e vós,

dende Brétema, en xuntanza,

treito a treito, día a día,

nas leiras da poesía,

xuntos na mesma lembranza.

 

Isaura Lago

 

 

2 comentarios:

TERESA CARIÑO DAVILA dijo...

Que delicia Isaura ver como relucen tus dones de Poeta,besiños teresa

Anónimo dijo...

Isaura, gracias por caminar con nosotros en busca de esa complacencia mutua de participar a todos como sientes.

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.