Os nenos están tolos...

Xesús dixo: Se non vos facedes coma nenos,

non entraredes no reino dos Ceos.

(Mateo 18.3.)

 

 

Os nenos están tolos

porque non saben de guerras

e de lumes

e de mortos

e de lerias.

 

Os nenos están tolos

de mañás sempre ledas

e de auga

e de vento

e de vida

e de estrelas.

 

Os nenos están tolos

por lles sorrir primaveras

aos vagalumes fugaces

que esvaecen polas tebras.

 

Os nenos están tolos

por lles falar de inocencia

aos que fixeron a Deus imposíbel,

pensado,

de pedra;

o Deus da especulación e a esmola

perdido entre a néboa

do egoísmo, o poder e a opulencia.

 

Os nenos están tolos

porque aínda levan na mirada

o Deus que fai presentir neles

futuros de amor e de esperanzas.

 

Serxio López-Corona Martínez

3 comentarios:

Elisa Rodriguez dijo...

Resulta esperanzador el mensaje que lanzas en tu poema, a la vez que inquietante. La maldita globalización nos hace perder el sentido que debería caracterizar al ser humano, el del humanismo. La indiferencia y el odio avanzan cada vez más. La locura de la intolerancia dibuja un futuro nada halagüeño para nuestros hijos. Sólo nos queda la esperanza y el deseo de un despertar en un tiempo mejor y sin odios.

teresa cariño dijo...

Queridisimo compañero felicidades por el poema ,espero que nos deleites recitando como tu bien lo haces,un abrazo

Anónimo dijo...

Somos nos os que estamos tolos, eles sooi son monecos inconscientes que rien e llogan, sin pensar no beneficio. Fermoso, moi fermoso

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.