Podería
Podería escoitar os teus versos podrecentes
e facer con eles un pano pra limpar as bágoas
dos deuses que veneras;
podería... mais non quero facelo
Podería ter mágoa por ti e deixarte vivir,
enganado, coma sempre...
Podería, cicáis podería...
mais non podo facelo
Podería rachar o tempo en anacos
e bicarte mais aló de toda dúbida
Podería... pero entón xa non sería eu,
teu amigo, senón un esprito, unha pantasma do
teu mundo de estadeas
Podería... si!... quizais podería...
Manoel Xosé
4 comentarios:
He posibel que ti poidas facer un pano con versos podrecentes, mais eu non poido.Tampouco podería ter magoa de unha persoa e tela enganada, non creo poder rachar o tempo, porque a flecha do tempo non a esnaquiza naide. Ceneme
Que decir do poema? Enigmático, estrano e interesante. Seguramente responde a unha realidade demasiado cruda. Trasmite diversas sensacións en cada persona que o lee. Dá para moito
Desprende el poema un aroma de lealtad y apoyo sincero. Mi interpretación de estos versos es que creo advertir que la persona que inspiró el poema tiene a su lado a un buen amigo y un buen poeta.
Teresa
Me recuerdan las palabras de un amigo que extraño mucho...
Confieso que tuve que pedir ayuda con algunas palabras que me costó entender...
Sólo me faltó ESTADEAS me la podrías traducir ?
Es hermoso...!!!
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"