NACÍN MULLER

NACÍN MULLER

 

Nacer muller no século vinte…

que falta de prudencia!

Nacín muller e teño tres defectos:

ser muller, ser pobre e ser poeta.

 

Nacer muller... que mágoa!

Nacer fora do tempo,

nacer muller nun mundo pra homes feito

foi a perda máis grande,

foi o erro primeiro.

 

Son pobre por desgracia,

diso culpa non teño,

pero por ser poeta

se deus non o remedia,

vou ter que ir ó inferno.

 

Se queres vivir ben e ter amigos,

non escribas poemas

pois con menos delito

condenaron a moitos á fogueira.

 

Que desgracia tan grande é inda hoxe...

nacer muller, ser pobre e ser poeta!

 

Mª Magdalena Domínguez

 

 

 

2 comentarios:

Amalia dijo...

Ser probe ou poeta non sei si e desgraza. Ser muller, nos tempos que corren, seguramente. Eu síntome orgullosa de selo.

Javi dijo...

Afortunadamente para los poetas, hoy en día ya no se quema en la hoguera. Aunque por desgracia, muchos que se denominan poetas siguen empeñados en "quemarse" con lo que escriben.

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.