Meu amigo

Meu amigo

 

Petan e petan os ramallos na fiestra

é unha noite moi longa de inverno

sinto mágoa e o medo en min entra

Coma un xeado suor interno

 

Son moi fermosos os nosos recordos

e xa están polo tempo deformados

Sombras de soidade, noite gris

Bágoas que hoxe pingan por ti

 

Esvara por min o teu arrecendo

xa non sinto preto de min o teu alento

nin a friaxe dos teus dedos cós meus

tiñamos un conxunto ti e máis eu.

 

Mª Teresa Cariño

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.