ABRENTE
Levántate cedo e camiña... camiña!
Espabila a túa alma durmida;
érguete, sube o cumio do monte...
Non ves que xa desperta o día?
Escoita!... Escoita como cantan os paxariños,
merlo e xílgaro asubían,
escoita como se arrolan as árbores
e a súa ramaxe docemente trema.
Abre o teu peito e respira,
respira o aroma da herbiña fresca,
o xermolo das carballeiras,
a suave quietude da natureza.
Espalla a túa alma en cada cousa,
en cada árbore, en cada herbeira,
fúndete no val con elas,
e terás no teu sorriso... a Primavera.
Alonso Rodríguez
3 comentarios:
Encherse de vida, impregnarse do frescor e cheiro da natureza, dos montes e fragas. Fermoso traballo.
Alonso, para los ceadores no deben existir criticas, sino formas distintas de ver la belleza. Estupendo, gracias. Ceneme
Me gusta esa naturaleza que dibujas en verso y esas imagenes que irradian aromas a hierba y a bosque.
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"