Na morte do biólogo Felipe Porta Vila
In memóriam
A roseira dos ventos
marcou un rumbo
cara o infinito,
Felipe navega por outras Rías,
sen dúbida que as esculcará
cos seus ollos
de gran científico.
A Ría de Arousa
perdeu
a un dos seus
mellores amantes.
Cantas horas estudando
as ameixas de Carril,
os mexillóns de Arousa?
Agora, Porta Vila
é biólogo de outros
lares do alén.
Oxalá esa vida
lle sexa máis leda e agradable,
el que tanto amou
e que tanto loitou
para sobrevivir.
O bo Deus
compensará as tristuras
e desacougos
que tanto o fixeron sufrir
nesta vida.
Amigo Felipe,
descansa en paz;
agora terás
máis tempo para ler
as biografías dese novo mundo,
que poidas camiñar
pisando as cunchas
de ameixas e mexillóns
desa Ría sideral.
Arousa endexamais
poderá esquecerse
dese biólogo entregado.
Amigo,
prega por nós;
pois, fainos falla.
Xermán Torres
2 comentarios:
No nome do Grupo Brétema de Vigo, manifestar o noso mais sentido pesar por tan irreparable perdida.
Xermán, sempre é unha bagoa que os nosos amigos e achegados esbanezanse no polvo infinito do tempo e a o esquezimento o cal estamos destinados todos. Unha apreta. Ceneme
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"