MOUCHO
Moucho de cara de prato
con ollos de Lúa chea,
semellas non ter pescozo
cando estás tranquilo e quedo.
No medio da noite pecha
teu "MOU- MOU" non me dá medo,
aínda que ten mala sona
teu mouchear agoireiro.
Eres unha ave noiteira
e pola lei protexido,
como "paxaro da morte"
para moitos coñecido.
Nun furado do palleiro
fixéche-lo teu fogar
e cría-los teus pelachos
na carballeira do Outeiro.
Non te vaias nunca, Moucho,
destes terreños queridos!
deixa que o teu mouchear
sexa un lene aturuxar,
no esborrallado palleiro,
resoando pola aldea.
Pepita Nóvoa
(Segunda Antoloxía do Grupo Poético Brétema)
2 comentarios:
Pepita, como siempre tus poemas tan tiernos, recreando con pinceladas los seres de tu tierra. Felicidades a "O Moucho"
Ceneme
Quen non se lembra de ese "moucho" que mencionas. Fai tempo que eu, non escoito o seu són. Onde estás moucho amigo, onde está teu mouchear?
Fermoso poema preñado de nostalxía e gratas lembranzas. Moucho... moucho amigo, xa formas parte de nós, da nosa sabiduría, do noso folclore popular.
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"