IN MEMORIAN

IN MEMORIAN

 

E co inverno chegaron as neves,

o Nadal de postal,

a solidariedade

e mai-lo quitaneves.

 

Tamén unha maña chegou o sol,

despois a choiva,

e "O noso pobiño branco"

voltou as súas cores

verdes, marróns...

 

Daquela, a pedra

tornou ser pedra coñecida

e aquela neve teimosa

bebeuna a terra.

 

Do mesmo xeito entregaron

ás profundidades da terra

o seu branco corpo.

 

Marcharon co inverno,

MODESTO, MARUJA...

tra-la neve.

 

Rosa Mª Vázquez

(Segunda Antoloxía do Grupo Poético Brétema)

 

1 comentario:

Eva dijo...

muy nostalgico y triste. Prefiero pensar que la vida sigue mas alla, en algun lugar

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.