CANTO A RÍA DE VIGO

CANTO A RÍA DE VIGO

 

Cantar, vigueses, cantar!

estades a contemplar

unha paisaxe moi fermosa

unha ría sen igual,

lanchiñas de madeira

que andan o xeito a pescar,

moitos barcos de recreo

que andan a pasear

Ten sitio a Ría pra todos,

pra todos na Ría ha,

ela é sufrida e gozosa

coa ledicia que nos da

 

Fermosa Ría de Vigo

onde ven a descansar,

tanto mariñeiro canso

de loitar co noso mar;

cos teus peixiños fresquiños,

cos teus mariscos sen par,

fermosa Ría de Vigo

e nosa responsabilidade,

da podredumbre da morte

túas augas afastar,

pra que alimenten os fillos

que están a vir detrás

Esperta, Ría de Vigo!

non te deixes aldraxar!

por tanto barco "bonito"

túas augas emporcar

Ti es herdanza pra todos

os que vivimos do mar,

con navallas, ameixas, berberechos...

dos teus limpos areais

Con mexillóns, ostras, vieiras...

do teu peito maternal

 

Fermosa Ría de Vigo

témoste que preservar

pra que cheguen a os teus filliños

os teus froitiños do mar

Espertade, vigueses!

estándevos a matar

a Ría que sempre foi

riqueza pra vosos pais,

demasiado barco "bonito",

demasiado amarre a emporcar

pra gozo dos señoritos

que se apoderan do mar

Ceneme.-

 

1 comentario:

Anónimo dijo...

ojalá que esa ria de la que hablas vuelva algún día a recuperar la belleza que le corresponde. Ojalá que todos, pobres y ricos, jovenes y ancianos, podamos compartir ese espacio natural libre de contaminación.¡Un buen trabajo!

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.