SOÑO

SOÑO

 

…<<Garde tes songes;

Les sages n'en ont pas d'aussi beaux que les fous!>>

BAUDELAIRE

 

Mar de tebras,

Mar escura ;

Tremen os demos

Na miña testa.

Quen se puidera librar dos pesadelos!

 

Oprimen o meu peito

Os prantos e os laios

Dos que ansían

Liberdade e xustiza.

Quen se puidera librar dos pesadelos!

 

Berran e foxen,

Estómagos baleiros,

Nais sen luz na mirada,

Nenos, esqueletes andantes.

Quen se puidera librar dos pesadelos!

 

Apátridas que buscan

Un acougo, un fogar.

Ánimas errantes

Que non son de ningures.

Quen se puidera librar dos pesadelos!

 

Comedores de opio,

Bebedores de veleno;

Sangue sucio,

Rostros que buscan sosego.

Quen se puidera librar dos pesadelos!

 

Nenos que non teñen pais,

Mozas sen amores,

Mulleres cansas de golpes,

Traballadores que non traballan.

Quen se puidera librar dos pesadelos!

 

Un mundo desnortado,

Poucos que o teñen todo,

Moitos que non teñen nada;

A ética está amortallada.

Quen se puidera librar dos pesadelos!

 

Xermán Torres, XVI/VII/MMVIII

 

1 comentario:

Catoira dijo...

moi boa a poesia. A sua composicion integra adecuadamente todolos elementos de xeito apropiado, a palabra exacta no lugar apropiado. un a realidade que doe, pero que temos enriba de nos.

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.