O meu grande erro!

 

O meu grande erro!

 

Un feixe de lembranzas na caixa do tempo...

A casa está valeira enchéndose de silenzo,

e a noite semella un erro gramatical

nun burato rachado pola túa ausencia.

 

Fixeron anacos o noso poema!

Aquil que ti e mais eu crearamos un día

a carón dun lume de paixóns proibidas,

cando os dous xogabamos a ser deuses.

 

A noite segue a ser noite...

e a ser erro nas soleiras dunha soidade

que remexe a miña ialma

nun burato que me afoga.

 

Velaí as miñas bágoas na caixa do tempo...

o meu grande erro!

Eis aí a noite,

tan preta...

e tan noite.

 

Manoel Xosé

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.