ÁS PEIXEIRAS
"Velaí veñen as peixeiras
de Foz ou de Ribadeo,
lixeiras e donairosas
poñendo o grito no ceo"
-A Noriega V.-
¡Quen puidera! Mal pocado,
retratar nestes versiños
ás peixeiras do mercado.
Eu non teño a verba leda,
do entranable vate e mestre
que foi o sinxel Noriega.
Pero a súa donosura
sempre chamou a atención,
como a súa mente aguda.
Hai que ver con que agarimo
che dan un peixe por outro,
dicíndoche que é máis "Fino".
Léveme esta maragota,
ou leve este calamar...
E o que che dan é unha pota...
Aínda lembro en tempos idos
cando levaban o peixe
correndo polos camiños.
Descalzas de pé e perna
por chegar diante das outras,
ca patela na cabeza.
Cariátides das mariñas
que berraban ó compás:
¡Ai que sardiña tan viva!
Trocando peixe por gran,
nos tempos de fame e frío
pra levar ós fillos pan.
Non saben as xentes novas,
o que súas avóas penaban
polas nosas corredoiras.
Tempos de fame, posguerra:
De frío e de poucos cartos
foron as escolas delas.
Mirádeas nos mercados,
enganando á clientela
cos regateos e amaños.
Veña, muller, non se vaia- volva acó, faremos trato:
"Dous euros" ¿Perdo, vostede gaña...
Pensa que a roubo no peso?
-Que de morta se me enterre
se o pesado non é certo...
¡Peixe fresquiño da ría!
-Que arda eu coma neve
se o que lle conto é mentira...
Peixeiras, ó fin e ó cabo,
sempre para min seredes,
e ledicia dos mercados.
Manolo de Rinlo
1 comentario:
Preciosso poema, Manolo, fiel reflejo de la epoca vivida.Felicidades, Ceneme
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"