O TOXO
Eu son o toxo do monte
que nazo silvestre e ceibe,
miñas flores mareliñas
son as fermosas chorimas.
Ó meu carón por veciñas
medran as curmáns carqueixas,
as uces e mailas xestas
amarelas e branquiñas.
As poutegas e carpazas,
marogueiros e codesos,
os piñeiros coas piñas
e tamén as carrasquiñas.
Cando chega a Primavera
mesturanse as nosas cores
e no Ceo, o Arco da vella,
esmorece pola envexa.
Pepita Nóvoa López
(Primera Antología Grupo Brétema/diciembre 2001)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"