INCONCLUSA

INCONCLUSA


Un universo de verbas
na paleta do tempo.
E un lenzo infindo…
E tanxelos pra mesturalas

Uns trazos que esvaran
pola tea inmaculada.
E unhas pingas de morriña…
E bágoas pra "rexuntalas"

Un bosquexo que comeza
seu vagar desde un principio.
E unha obra,
que inconclusa,
agarda ocupar un sitio

Un tolo que pinta
con cores de palabras.
E unhas mans que se moven…
E soños pra pintalas

Pinceis de silenzo
para o pintor da vida!
E unha espranza…
pra creala, irmán,
pra creala…

-Manoel Xosé-

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.