CANTO DOS XIGANTES GALEGOS
Erguédevos, galegos!
non olledes mais pro chan
os antergos que tivestes
non vos deixan descansar
Espertade o coñecemento
na fala dos vosos irmans
xa soou a hora de afastar
avergoñarse das nais
Imitade a Rosalía,
Padre Sarmiento, Feijoo,
Xosé Cornide, Pastor,
Manuel Murguía, Pondal,
Curros Enriquez, Lamas Carbajal
Alfredo Brañas, Antón Noriega,
Ramón Cabanillas e Castelao,
Otero Pedrayo, Vicente Risco,
Viqueira e tamén Carballo.
Luis Pimentel, Blanco Amor
Álvaro Cunqueiro, García Sabell,
Manuel María, Méndez Ferrín
e moitos outros que soñaron ver
unha Galiza loitadora, ceibe,
onde oportunidades ter
pra todos os fillos da terra,
pra os fillos que veu nacer,
engadir coñecementos
con traballo e honradez
berrádelle a o mundo enteiro
xa non hai malpocados, iñorantes
na Galiza verde a florecer
son homes coma xigantes
na ciencia, nas artes, nas letras e no saber
Traballade arreo, galegos,
pra que vosa nai Galiza
sinta ledicia de vervos
po lo mundo adiante erguer
a vos, a lingua, o saber
desta nai doce e fermosa
que a todos nos deu o ser
Espertade, galegos!
estándevos a fitar
vosos antergos loitadores
dende o cumio da montaña
ata a inmensidade do mar
Ceneme-21-07-08
No hay comentarios:
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"