AS MULLERES DOS MARIÑEIROS
As mulleres dos mariñeiros
quedan na casa a rezar
rezan por seus compañeiros
que arriscando están no mar
Oxe ha tronos, ha galerna
quizais non poidan pescar
sexa en algunha praia
a "capa" co barco están
A chabola están chamando
por mor que noticias ha
quince días xa pasaron
o barco estará a chegar
"¡Chegan o Venres a noite!"
o armador ven de anunciar
"o Sábado máis alto prezo
co comprador vai arranxar"
As mulleres a espera
no peirao están a ollar
alá po lo horizonte
os barcos ven de asomar
"O Wenceslao trae "capote"
ven suspendido no mar!
Vaia traballo que teñen
traballar o non gañar!
Traen tarefa pra casa
palangres para "alistir"
desenredar os enredos
na "madre" que corrixir
Moita "barsolada" nova
moito anzuelo que "empatar"
pra que che paguen moi pouco
un par de pescadas, non máis
Esa é a triste sorte
do que traballa no mar
coma os mineiros na mina
onde tesouros non ha
CENEME- 15-07-08
No hay comentarios:
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"