Rosalía

Queridiña Rosalía,
cando leo teu cantar,
sento pena porque sofres
de continuo sen parar.

Se hoxe puideses poeta,
dende onde mouras ollar,
a terra que tanto amaches,
os camiños que tiñamos, para os cans,
verías, ¡Oh, queridiña!
a grande transformación
que os teus irmáns aos poucos,
con esforzo e con tesón,
fixemos desta Galicia.

Se soubeses, Rosalía,
canto Galicia medrou;
e medrou porque trouxemos
os cartos da emigración;
cartos como as penas negras
que a moitos a vida custou,
outros coa morriña, tornamos
coa vaquiña e a casa,
nos petos do pantalón.

E fíxose lentamente
a grande transformación,
moitas empresas de barcos,
de coches, de construcción,
cooperativas gandeiras,
intensiva producción;
escolas, que non había, para os nenos.
Para os mais grandes, formación.

Xa non marchan, Rosalía,
galegos á emigración,
malpocados, iñorantes…
sen ningunha formación

hoxe veñen a mercarnos,
enxeñeiros, arquitectos,
doutores, informáticos…
todos técnicos de profesión,
formados nas universidades
que a xeración dos corenta,
con moito esforzo pagou.

Xa non marchan, Rosalía,
galegos á emigración,
asoballados e escravos,
por todos sendo criados;
moitas veces maltratados
por alemáns, por ingleses,
por suízos, por franceses…
e sempre desprezados
pola falla do saber.

Mais os tempos son chegados,
hoxe estámolos a recibir:
falamos na súa lingua,
axudámoslles a comer,
e arrincamos os cartiños
co noso bo facer.

Non chores máis Rosalía,

Xa non ai porque chorar,

ó galo canta moi cedo,
a alborada está a tocar,
coa gaita, que xa non chora,
coa gaita que está a soar;
coa gaita que repenica
e fainos a todos troulear.
Cada un na súa tarefa,
os estudiantes a estudiar,
E os xa formados, como nós, a traballar.

Rosalía, Rosalía,
ya non tes porque chorar,
Rosalía, muller, durme...
E descansa en paz.
Amen.


Ceneme.- En Padrón, 20-06-08

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.