Mostrando entradas con la etiqueta Candela Fernández (BRÉTEMA). Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Candela Fernández (BRÉTEMA). Mostrar todas las entradas

A posta do sol

A posta do sol

A posta do sol neste día  caloroso
deste mes de xullo é de unha
fermosura sen igual,o que estou vendo,
o sol da cor vermella e amarela con cores
tan vivos teñen lume e está ardendo,
por riba do mar, as nubes a enfeitizan
con varias cores
negras,brancas e amarelas
con resplandores
neste intre, o sol agochase no  mar
e un momento máxico que axiña
se esconderá.
o cadro é tan fermoso, que da fiestra
non me podo afastar

Candela
(Grupo Poético Brétema)




Galicia

 

Galicia

 

Galicia é unha xoia, de todo ten no seu ventre: Homes moi sabidos,

pintores, poetas e moi boa xente, ten soutos, carballeiras e mestas

fragas, serras, montes, miles de ríos, fontes e fermosas praias.

Galicia verde de piñeiros que fungan e falan, terra dos mellores caldos

da Ribeira Sacra, é o albariño, das Rías Baixas.

Galicia dos mosteiros, ermidas, pazos e cruceiros, dos muiños saíron

as muñeiras, de Rianxo as rianxeiras, en cada pobo ou vila hai festa

con bandas de música, gaiteiros, cantigas e alboradas nas leiras.

Galicia da pedra labrada, a fermosa catedral co Pórtico da Gloria é unha

gozada, cada penedo ten unha lenda, é moitas historias contadas.

Galicia dos hermandiños, que loitaron contra os nobres, e o seu castelo derrubaban.

Galicia dos trobeiros, con cantigas de amigo amor e de escarnio, de Martín

Codax, mendiño da corte do rei sabio, mendiño que foi nado en Vigo,

cantou a illa de San Simón a famosa cantiga de amigo.

Os Riós da Ribeira Sacra son coma mares de profundos, non troco a miña

terra galega por nada deste mundo.

 

Candela

(Grupo Poético Brétema)

 




Ondas, ondiñas

Ondas, ondiñas

 

Ondas, ondiñas que ondulando veñen e van.

Ondas que na súa carreira brincan no mar,

ata chegar á Praia e na area desfiañar.

Sentadiña nun penedo eu abraiome ó velas chegar.

Ondiñas que enfeitizan ó escoitalas cantaruxar.

 

Mar, oh mar!

Só con decir o teu nome xa podo soñar!

 

Candela

(Grupo Poético Brétema)




Poema os poetas

Poema os poetas

 

Poema os poetas,

poeta sensible,

poeta amante,

poeta tenro,

poeta que tiras do máis a dentro,

a fibra sensible do teu

pensamento,

cantándolle ao mar,

cantándolle ao ceo,

cantándolle á lúa, á terra e ao vento,

e sofres na túa pel os desdéns,

porque non entenden o teu sentimento,

din que es un iluso,

din que es un inxenuo,

que vives de soños,

de soños eternos,

pero sempre houbo en todo momento

poetas que din o seu argumento,

eu que te vexo con amor

segredo, digo: a poesía

perdurará máis alá do tempo.

 

Candela Mouriño

(Grupo Poético Brétema)




Mar alporizado

Mar alporizado

 

Mete medo ollar o mar escuro e bramante.

Que forte baten contra os cons as ondas xigantes.

O mar ten influencia sobre min.

Mar alporizado, mar calmo, mar tormentoso.

De tódalas maneiras es moi fermoso.

Sinto un extraño tremer cando me poño a ollar

O grande e fermoso mar.

E por el síntome vagar

e coido que son unha gaivota e que podo voar

e ate o infinito do ceo podo voar.

 

Candela

(Grupo Poético Brétema)

 




O merliño

O merliño

 

Na póla dunha árbore

cantaba un merliño.

 

Estaba namorado

o pobre paxariño.

 

Os seus trinos

levaballos o vento.

 

Cantaba con muito

sentimento.

 

O chegar ós meus ouvidos

meu corazón tremeu de contento.

 

Candela

(Grupo Poético Brétema)

Que ledicia Rosalía...

Que ledicia Rosalía poder estar ó carón

das cousas que usabas tódolos días!

No salón están os teus recordos a túa Obra

e a do teu home Murguía.

As pinturas do teu fillo Ovidio que morreu moi

novo, o único home da túa familia.

Fun a cociña e senteime na lareira, alí estaba

a sella para a auga, o asador para a carne

e a fiolleira, o pote de facer o caldo colgado

na gramalleira. Entrei no teu cuarto e alí estaba,

a rosa vermella pousada na túa almofada,

lembreime de Maruxa que tanto te quixo

e te admirou, pasou toda a vida coidando da túa

casa en Padrón, ela era a que puña tódolos días

unha rosa vermella na túa habitación.

Andiven polo teu xardín tan fermoso cheo de árbores,

plantas e flores, vin a casa onde vivía Mauxa que

está nos arredores; na longa esqueira de pedra, o

noso grupo de poesía Brétema, sacamos unha foto

para nos lembrar de que fomos a túa casa a recitar.

 

Candela

 

Nesta noite do Nadal...

Nesta noite do Nadal

con unhas cunchiñas

vou cantarlle panxoliñas

ó meniño no portal.

Vinde, vinde! Picariños,

imos todos adorar,

o meniño pequeniño

que naceu neste Nadal,

deitado nas pallas está durmidiño,

Xosé e María danlle agarimo,

o boi e a mula danlle calor,

e os pastorciños o seu arredor.

Qué meniño tan fermoso!

Ten os ollos cheos de luz.

Alumean, alumean.

Que fermosiño é Xesús.

 

Candela Fernández

GALIZA

GALIZA

 

Que fermosa eres Galiza de abundantes ríos

illas e pontes,

Con fervenzas de augas limpas que podemos

beber nas fontes,

os ríos son coma mares de profundos,

e tes as rías máis fermosas do mundo,

que namoran a tódalas xentes,

un paradiso que invita a mergullarse

nas súas augas limpas e transparentes.

 

Candela

No alto de Peinador...

No alto de Peinador vin un espectáculo de primor,

Por detrás de un gran penedo saía a lúa,

Quedei abraiada do perto que estaba,

Como a lúa era chea, tan grande a veía,

Que mesmo parecía, que coas mans,

collela podía.

O sol aínda que baixo estaba alí,

e alumeáballe a faz con ollos, boca e nariz,

Subindo por riba da montaña, cavez mais alta,

Semellaba unha deusa, meu deus que fermosa,

Qué magoa eu sentín, a máquina de fotografar

Esquecín.

O amencer do seguinte día ollei para o ceo,

e alí estaba a lúa deitada, durmindo nos brazos

de Morfeo.

 

Candela

A bolboreta e o xílgaro

A bolboreta e o xílgaro

 

Estaba unha bolboreta pousada nunha rosa dunha

roseira en flor,

veu un refacho forte de vento e desfollou a rosa

vermella de cor,

os pétalos levounos o vento e a bolboreta ferida

non tiña sustento, caeu na herba, o xílgaro que a viu

colleuna con moito coidado,

e levouna no peteiro o seu niño que estaba no arborado,

con moito agarimo deulle calor,

ea bolboreta revivía, revivía xa podía voar de flor en flor,

éo xílgaro todo ledo chirlando, fíxolle compaña no seu voo.

 

Candela

 

Anna Carmen

 Anna Carmen

 

Xa eres como da familia.

Hai moitos anos que te coñezo,

co sorriso sempre na faciana

aínda que chores por dentro,

cando recitas convences,

chegas a alma da xente

artista nas cousas que fas

que son moitas e diferentes,

boa muller e mellor nai,

de ser avoa estás fachendosa,

merecente do mellor,

es como unha flor

fermosa, con moita cor

e hules como as rosas,

non sabes vivir sen amor

sempre estás namorada,

anque a vida deuche dor

lévalo con moito valor,

ti non te angurias por nada.

 

Candela Fernández

 

 

 

Que ledicia chegou a primavera!

Que ledicia chegou a primavera!

Que din todos que a sangue altera,

as árbores que estaban espidas

vestíronse de folla nova.

Os paxariños cos seus trinos

danlle a benvida voando de póla

en póla, que fermosas están as

árbores frutais coa súa flor,

e as garridas bolboretas póñenlle

unha nota de cor,

na campiña todo reverdece,

e nacen pequenas margaridas

que entre a herba crecen,

renace de novo o amor e a ilusión

e sentimos como latexa o noso corazón.

 

Candela Fernández

(Segunda Antoloxía do Grupo Poético Brétema)

Gústame parolar co vento

Gústame parolar co vento

Ollar a furia do mar en movemento,

é un encontro de grandes sentimentos,

tras os vidros ollar a saraiba na treboada,

batendo na fiestra, e facendo riadas

polas corredoiras, camiños e estradas.

Como me abraia a natureza

Sol, choiva, tempestade, vento,

no noso camiñar, de todo

levamos dentro.

 

Candela Fernández Mouriño

No mes de xullo

No mes de xullo dende Nigrán,

cando anoitecía tras as Illas Cíes,

ollávase o arco da lúa nova,

moi baixa e escintilante,

perto dela estaba o primeiro

luceiro da noite, os dous formaban

un cadro abraiante,

estaban tan achegadiños que

mesmo parecía que se ían bicar.

Que mágoa, non puiden velos,

os dous agocháronse no mar!

 

Candela Fernández Mouriño

Ría de Vigo

Ría de Vigo

 

Que queda está a ría!

da cor azul prateada,

quédome suspensa

un momento vendo

a súa beleza abraiada;

está anoitecendo,

as gaivotas e vencellos

vanse recollendo,

as montañas óllanse escuras,

e as augas do mar resplandecendo.

As luces da cidade están acesas,

as estrelas alumean o firmamento.

 

Candela Fernández Mouriño

Poema adicado o mar

Poema adicado o mar

 

O mar ten influencia en min

Mar, oh mar! soio con decir o teu nome

xa podo soñar

Mar alporizado, mar calmo, mar tormentoso,

de tódalas maneiras es moi fermoso

Sinto un extraño tremar, cando me poño a ollar

a beleza do inmenso mar,

e por el síntome vagar,

e coido que son unha gaivota e que podo voar

e ata o infindo do ceo podo chegar.

 

Candela Fernández Mouriño

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.