O MEU MONTE
Os montes galegos estanme a chamar,
os montes galegos estanme falar,
meniña, non deixes me volvan queimar,
meniña, non deixes me fagan chorar.
Chorei cando te vin tan ardidiño,
chorei cando te vin tan ennegrecido,
chorei e afoguei na almofada,
ollábate e morría, morría e morro
cando te vexo tan feridiño.
Pártenseme as pernas, párteseme a alma,
non teño palabras para che dicir
o que polo meu corpo pasou
cando tan queimadiño te vin.
Eu so teño sombriiña para o teu camiñar,
eu so teño follas para te abanicar,
pero non teño pernas para escapar.
Ti so es meu montiño,
ti es moito mais,
es ledicia dos meus ollos,
es alento do meu respirar,
es verse do meu xantar,
es tantas cousas meu queridiño,
que xamais remataría de falar.
Non tes pernas para escapar,
pero eu teño ollos para te vixiar,
e si algún malnacido quérete queimar,
irei cara a dentro para te salvar,
loitarei co meu corpo,
rebentaran meus pes,
chamuscaranse os meus cabelos,
secarase a miña gorxa,
e a miña vida ei de esgotar
para te intentar salvar.
Amelia García Domínguez
Grupo Poético Brétema


No hay comentarios:
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"