XUNTOS
Quero ir nos teus soños e voar imaxinando,
aqueles momentos onde eramos felices,
na realidade hai tristes a escoller neste dia,
poñamos moita alegría a pena xa ven soa.
Un agarimo de amor e un bo compañeiro,
mentres busco a brisa entre os dous voa,
espallase pola faciana a alma tamén respira,
síntome como un neno espertando nesta vida.
Cólleme polas mans e fagamos unha cadea,
imos a alumear para escapar da pena,
síntome mellor cando ti te alegras,
so teño corazón para dar o que sinto.
Volvamos a medrar con ese futuro cheo de paz,
a sociedade vaise todos estamos xuntos,
creando irmandade sexamos felices,
cando as cousas nos vaian ben.
Nun pequeno recuncho
estouche esperando,
para ir xuntos nos soños voando.
María Teresa López
Bastos
Grupo Poético Brétema


No hay comentarios:
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"