OS TEMPOS

 

Maduraron os tempos,

mulleres de onte alegrádevos,

a muller neste século

ten traballo.

 

Hoxe, meu canto é ledicia,

por fin podemos berrar,

quero render homenaxe

as mulleres que xa non están.

 

Morreron nesta loita,

traballaron sen ser escoitadas,

nosas nais, nosas avoas,

noites, dias... cheas de bágoas.

 

Recoñécense os seus feitos,

aínda que un pouco minguados,

muller, nai, avoa e filla,

descansade, xa esta acadado.

 

Estamos aquí neste centro,

hoxe conmemorando

as mulleres traballadoras,

xa non as darán de lado.

 

Mulleres do noroeste

que me estades escoitando

mulleres de orixe Celta,

non tendes xa que calarvos.

 

Eu que teño a ocasión,

de ler estes meus versos,

quero renderlle homenaxe

as mulleres deste tempo.

 

Francisco Otero Crespo

Grupo Poético Brétema

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.