FOLIADA
Voaban ceibes as verbas
nos peteiros dos colimbos,
ergueitas abrían as xanelas
a o abrente,
e por trino a fala dos ínclitos
devanceiros.
O día enchía o peito no fol da
foliada sobre o cerúleo do mar,
un escrito ígneo predia
a fogueira da Rapsodia.
As chamas alumeaban
os beizos das nubes
co clamor do día,
dende Rianxo a Padrón
o camiño ía festonado
de estrelas.
E dende as ribeiras ata o mar
pasando por as pradarías
e os montes, era o día grande
as campas o declamaban
co a súa lingua de badalo.
Cando as gaitas des inflan o peito
e as pandeiretas ispen
os seus brinquedos remata o día,
asoma a noite que leva
no seu manteo o resío
das ilustres verbas,
emocionase o arume dos piñeiros
que cae mansiña mente.
Julia Fernández González
Grupo Poético Brétema


No hay comentarios:
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"