VEN PRONTIÑO O MEU CARON

 

Quérote Tanto miña meniña

ti es o meu grande amor,

es para min, o resplandor da lúa

o claro da aurora, e o calor do sol.

 

A túa linda cara, e o espello da miña alma

igual que unha rosa, de un xardín en flor,

ti serás sempre, na miña triste vida,

o alentiño do meu pobre corazón.

 

Miña queridiña, luz dos meus ollos

si ti souberas canto te Quero,

si estas lonxe, sinto no meu peito

unha dor tan grande, que me deixa cego.

 

Cando sinto na porta, ruxir o vento

penso sempre, que corres perigo,

cando vexo que Chove moito,

penso que caes no fondo dun río.

miña santiña, volve pronto meu amor

que estou cheiño de magoa,

si non ves ao meu carón.

 

Carmen Darriba Amoedo

Grupo Poético Brétema

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.